Boas xentiña.
Despois de ver o post de narcisvs coa Catalunya Cup entroume a min tamén unha nostalxia tremenda da Galiza Cup e a Cunca dos labregos.
Xa que temos as pachangas é un bo momento para facelo. Antes había que utilizar os amistosos e so se podía xogar co equipo titular ao rematar a liga, se non se tiñan partidos de playoff. Ainda así, algúns metiamos minutadas como se fose tan importante ou máis que a Copa Penko.
Se vos parece boa idea intentar rememorar aqueles tempos podedes ir comentando e xa veremos o que se pode facer.
EQUIPOS Ktulu (76884) - Oyagun
Extreme Kings (76872) - Noel
Afiadores Ourense BBC (78307) - DunklerGeier
VIDEVOS A MIN MIÑAXOIAS (76824) - A man esquerda do diaño
killers dragons (135090) - LA-lord james
cascachosa (75619) - recluta cachopo
Dragon Ball Super23 (134671) - Gotrunks
A Canasta do Camiño (139114) - Suiri
The Monty Python´s Flying Circus (79961) - miqe
Orro Xabarín (76905) - Cosso
Miño Baloncesto (78492) - Fonsitoh_Magik
Cans de Palleiro (80236) - Sapoconcho
Totwart (76228) - Foto
Pelícanos de Coia (75485) - frodorer
Corrichos (79103) - Onire
Chapeleiros (78604) - Pabert
forxa (76249) - ssuso
Os Anxos Pozas (134976) - Litel
Narahio CB (77586) - guismo
forcarey (79769) - fonxete
Neda City Thunder (75479) - JVR
C. B: Ferrol (76502) - goyolf
Cb Couto (78264) - foyone32002
CB Breogan (79294) - Musa
Normas- Os partidos disputaranse os domingos ás 19:00 horas en campo neutral.
- Para xogar utilizaremos as pachangas para as que tedes que ter tokens suficientes.
- Cando saian os emparellamentos de cada xornada, o equipo situado a dereita terá que retar ao da esquerda.
- O límite para retar e aceptar o reto será o sábado ás 23:59. Tentade non facer o reto a última hora.
- Se non se envía o reto ou non se acepta, o equipo infractor perderá o partido por 50-0 na primeira fase, e será descalificado dende os oitavos de final. Se agradece que me comuniquedes calquer tipo de incidencia deste tipo.
- Teredes que compartir o enlace do partido xa sexa neste fío do foro, ou por mensaxe privada a min.
- O equipo que tivo que retar terá que poñer o enlace ao partido, sendo o límite o mércores ás 23:59. Se non se cumple, darase o partido por perdido por 50-0 a dito equipo.
FormatoTodo parecido co BBM e pura casualidade.
- A primeira fase constará de 8 enfrontamentos por sorteo en campo neutral. Primeiro sorteo puro, e dende o segundo partido, enfrontaranse entre eles, tamén por sorteo, os equipos que leven o mesmo número de victorias.
- Despois desa primeira fase, os dezaseis mellores enfrontaranse en eliminatorias, en campo neutral, entre o 1º e o 16º, 2º e 15º, etc.
Para desempatar utilizarase a diferencia de puntos, e terase en conta as penalizacións por non retar ou aceptar o reto.
Last edited by Oyagun at 6/27/2024 9:05:24 AM