BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > LA Galego

LA Galego

Set priority
Show messages by
This Post:
00
88747.1
Date: 5/8/2009 12:37:12 PM
Overall Posts Rated:
892892
Boas a todos!

Coma algúns xa saberedes, e outros estaredes a descubrir, acaban de me nomear novo LA da nosa lingua, e tamén moderador nun lote de conferencias (nesta en concreto non, segue sendo terreo de Fotocopiator).

Agora mesmo temos o galego coma o que merca unha casa que leva anos abandoada. Está o esqueleto, o xusto para que non se molle, pero non dá para vivir. Hai moito traballo por diante para ter un fogar onde vivir, por iso, para variar, abro este fío para todo o relacionado co tema, dende axudas, ata as correccións dos erros que teña (vai un pouco ás présas, así que os haberá de bo seguro... :S).

En principio estou no cargo eu só, e non son as mellores datas para comezar, xa que achéganse os exames, e o tempo que terei ata rematalos vai a estar ben xustiño. Tentarei centrarme no máis importante, a ver como o podo levar.

Saúde!!!

Last edited by Alexenko at 3/25/2011 8:33:56 PM

From: Onire

This Post:
00
88747.2 in reply to 88747.1
Date: 5/8/2009 12:50:16 PM
Corrichos
III.3
Overall Posts Rated:
7979
Felicidades polos cargos. (Pena que non sexan remunerados).

Con ir correxindo os erros que ti xa coñeces, tes de abondo para unha temporada, pero diriache que lle deras prioridade a traducción das novas. E o que mais me amola, cada vez que sae unha, cambiar as preferencias para enterarme do que pasa.

From: Alexenko

This Post:
00
88747.3 in reply to 88747.2
Date: 5/8/2009 1:46:16 PM
Overall Posts Rated:
892892
Cas desculpas por diante, coido que vou copiar provisionalmente as novas que están en castelán, ata que as poida traducir, xa que sempre son máis fáciles de entender, e así evitamos que a xente ande cambiando de idioma.

From: Foto

This Post:
00
88747.4 in reply to 88747.3
Date: 5/8/2009 4:57:07 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31723172
Second Team:
Furabolos
A idea é que non esteas ti só, así que a ver se podemos atopar máis xente

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
88747.5 in reply to 88747.4
Date: 5/8/2009 5:15:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Inda non falei con Souto e con Diebro, non sei se nun futuro cercano poderían reenganchar, ou o seu abandono é definitivo.

Por certo, as novas que puiden pór xa están en castelán, as últimas non as atopei no apartado dos LA's... :S

This Post:
00
88747.6 in reply to 88747.5
Date: 5/8/2009 7:07:55 PM
Overall Posts Rated:
892892
Xa están traducidas as novas que me deixou (insisto en que as últimas non me aparecen... :S).

Falta revisalas, que de bo seguro escapou algunha que outra gambada, e xa mirarei que podo facer así polo de pronto no resto das traducións.

This Post:
00
88747.7 in reply to 88747.6
Date: 5/8/2009 7:09:32 PM
Overall Posts Rated:
464464
GRANDEEEEEEEEEEEEEE¡¡¡¡

This Post:
00
88747.8 in reply to 88747.7
Date: 5/8/2009 7:30:17 PM
Overall Posts Rated:
892892
Dise dimisión! ;)

This Post:
00
88747.9 in reply to 88747.8
Date: 5/8/2009 7:31:43 PM
Overall Posts Rated:
464464
Presidente, Presidente¡¡¡ Manda carallo vas coller os mandos cando van prohibir o galego¡¡¡ alexenko dimisión

This Post:
00
88747.10 in reply to 88747.9
Date: 5/8/2009 7:33:01 PM
Overall Posts Rated:
892892
Jajajaja, ben sei do que falas, pero todos sabemos que esos temas están prohibidos por aquí (inda que esteamos en familia, non imos pór a Foto nesa tesitura ;).

Pois parecía máis doado e bonitiño dende fóra... xD

This Post:
00
88747.11 in reply to 88747.10
Date: 5/8/2009 7:35:14 PM
Overall Posts Rated:
464464
Certo pido desculpas, eu ofrezome a botarche un man no que se poida, sempre que necesites algo e eu poda axudareite, xa sabes manda un bb mail e faremos o que poida.