Langrán!!! Non me larguedes antes de tempo, que un saiu con 3 porque xa estaba clasificado. E o digo por se hai que revisar para outros grupos:
Nesta 2ª Liguilla, só se clasificará o campeón, polo que o boleto para a fase final estará o dobre de caro.
En caso de empate, os criterios de desempate son os seguintes, por esta orde:
1.- Menor número de NP (non presentados).
2.- BasketAverage (se son 2 equipos, o particular do seu encontro, se son máis, o global do grupo, agás no caso de non presentados, no que se contaría o enfrontamento directo entre os equipos que teñen o mesmo número de non presentados).
3.- En caso de empate total, o desempate dependerá da organización.
Aínda así enorme, eficaz e rapidísimo traballo!
Bicos