BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup X

[GAL] Galiza Cup X

Set priority
Show messages by
This Post:
00
152410.115 in reply to 152410.113
Date: 9/10/2010 9:03:21 AM
Overall Posts Rated:
892892
Non, só se contan encontros na Final Four.

O ideal sería que se usase este sistema en tódolos encontros, quero como comprenderedes non teño tempo nin medios para levalo a cabo, así que só se usa na Final Four.

This Post:
00
152410.116 in reply to 152410.115
Date: 9/16/2010 6:18:32 PM
Overall Posts Rated:
464464
CHACARITISMO

Señoritas e cabaleiros, outra noite de celebración en Praza América, outra tempada máis comezando cun partidazo como será a final da GZ CUP, un equipo que xa é historia e como pode pasar a ser lenda, uns rapaces que serán heróes durante décadas por toda Galiza.

Este ano o aspirante será un equipazo dirixido por un gran estratega. Os Ourense Bulls do gran Dunkler teñen unha base moi sólida e seguro unha grande ilusión. Xa pasaron tempadas cando Dunkler e máis eu tentamos facer un tandem ( e máis managers galegos) para coller a Sub 21 Armenia, incluso fixemos un pequeno videohttp://www.youtube.com/watch?v=T1ruAiefvf8( por certo videazo).

Por iso aproveitando esta bonita final lanzo unha luva para tentar formar un equipo de managers galegos para poder presentarnos as eleccións dalgún país que pensedes que podamos ter opcións???

Xa que aínda non temos selección Galega, podemos ir adestrando con algunha outra ( e sei que ao ser foraneo é complexo, pero agora co ranking mundial somos un grupo ben visto).

Por certo espero que tras esta final por fin chegue a cima das GZ stats.

Apertas por doquier

Last edited by miki_zar at 9/16/2010 6:20:26 PM

This Post:
00
152410.117 in reply to 152410.116
Date: 9/16/2010 11:24:46 PM
Overall Posts Rated:
892892
FINAL FOUR

22.- C.B. Skalda - Cruiss (42876) - 316 C
3.- Chacaritas Team - Miki_zar (76515) - 485 C
14.- Ourense Bulls - DunklerGeier (76363) - 212 C
12.- Coiotes - Traska (78287) - 86

Coiotes 57 - 95 Chacaritas Team
Ourense Bulls 105
- 91 C.B. Skalda

This Post:
00
152410.118 in reply to 152410.117
Date: 9/16/2010 11:26:21 PM
Overall Posts Rated:
892892
Final

3.- Chacaritas Team - Miki_zar (76515) - 485 C
14.- Ourense Bulls - DunklerGeier (76363) - 212 C

Chacaritas Team - Ourense Bulls

Xa sabedes, poñédevos dacordo na data da Final.

This Post:
00
152410.119 in reply to 152410.116
Date: 9/16/2010 11:32:31 PM
Overall Posts Rated:
892892
O peor de todo non é que gañes, o peor de todo é ter que verte por aquí...

Por certo, agora véñenme á cachola certas mensaxes de certo persoeiro que ronda moito por aquí...

(152410.12)
"Outro ano máis apúntome. Pero este vai ser un ano para os que máis novos poidan desfrutar desta competición."
(152410.88)
"Terei que deixar gañar a outro. Xa vós dixen que non vou von todo este ano"

Esa última parece que cun par de copas de máis, e non me refiro a Galiza Cups, que tamén ten algunhas de máis... ;) Non me vou fiar moito da túa palabra... Iso si, eu si que son un home de palabra, e...
(152410.1)
"Por certo, que o langrán de Miki leva xa tres edicións consecutivas gañando. Xa dixen que non podía gañar tres e as gañou, así que agora digo que se gaña esta non lle deixo participar na seguinte. Ás cinco non chega nin de coña!"

Así que xa sabes, se queres participar a vindeira tempada...

Unha aperta lacazán!

Last edited by Alexenko at 9/16/2010 11:33:41 PM

This Post:
00
152410.120 in reply to 152410.119
Date: 9/17/2010 3:32:38 AM
Overall Posts Rated:
88
jajjaja tocarache perder

This Post:
00
152410.121 in reply to 152410.118
Date: 9/17/2010 4:24:36 AM
Overall Posts Rated:
22
Finalmente tiveron que pasar X edicions da Galiza Cup para que Ourense Bulls chegase a final da mesma.

Para o equipo xa se ben cumpridas as expectativas, sendo esta a mellor participacion nesta decana das copas non oficiais de BB superando o 4º posto acadado na I edicion.

Por outra parte, felicitar a Chacaritas por chegar novamente a final, na que trataremos que non repita victoria e tamen a Skalda, xa que foi un moi bo semifinalista e coa calidade mais que demostrada para poder ser finalista desta competicion.

Respecto a data da final, a min interesame o antes posible, xa que necesito reformar o equipo, e canto mais tarde mais compricado se me fará (sobre todo por ter que esperar para vender xogadores). Ainda así asumo que namentres algun dos equipos esté xogando PlayOffs, isto no sera viable, polo que xa aviso a miki para acordar a data.

Por ultimo, o da idea de formar un grupo para dirixir unha seleccion, ainda que foi unha idea que se tratou de facer no pasado, pola miña parte agora non e posible, xa que por motivos laborais non podo adicarlle o tempo suficiente, sobre todo tendo en conta que non teño un horario fixo, e non podría estar dispoñible en momentos no que fose necesario.

This Post:
00
152410.122 in reply to 152410.121
Date: 9/17/2010 5:17:44 AM
Overall Posts Rated:
464464
E que queres que faga.... Xoguei con moitos suplentes en toda a GZ CUP, perdín un partido por primeira vez, pero e que a xente tenme medo e sae cos suplentes suplentísimos.... Eu pensei que onte podía perder pq o único obxectivo era cadrar minutos e ter unhas grandiosas formas para este final e non me saiu mal de todo, aínque se non gañase de tanto sairiame mellor....


This Post:
00
152410.123 in reply to 152410.121
Date: 9/17/2010 5:21:57 AM
Overall Posts Rated:
464464
En canto ao da final:

A ver, este sábado xógome o factor campo das semis, se non perdo de moito ( penso que son 15 puntos) xogarei as semis na casa o martes penso eu con moitas opcións de gañar, ( polo que esa semana nada). Se é así o sábado 25 xogaría a final vs Gardier e salvo miragre terrenal perdería, polo que en ppio se che parece o xoves 30 poderíamos xogar a final.

Se fago a xesta pois = habería que deixalo para a primeira xornada do ano, pero como penso que non vai ser pois quedamos así como posible data da final, xoves 30 ( o digo para que non reserves amigable), en caso de que exista calquera cambio avísote.

Saúdos

This Post:
00
152410.124 in reply to 152410.123
Date: 9/17/2010 6:59:21 AM
Overall Posts Rated:
22
Vale, estarei pendente de como che vai nos playoffs para reservar ou non amigables.

Eu para os playoffs, se gaño o ultimo partido da tempada, xogarei playoffs, se perdo, probablemente me quede 5. Como xogo contra o primeiro da miña conferencia, vexo dificil xogar os playoffs, e ainda que os xogase, dudo moito que chegue a final de conferencia.

This Post:
11
152410.125 in reply to 152410.124
Date: 9/25/2010 4:31:49 PM
Overall Posts Rated:
464464
Simplemente anunciar que este ano a GZ CUP adianta a sua final. Será este xoves en Vigo xa que Dunkle quere reformar o equipo pero obviamente que xogar cos xoxogadores que o trouxeron ata a final, e por iso xogamola agora.

Como sempre estades todos convidados a xa habitual comida e refrixerios varios na cidade Olívica.

Saúdos

Advertisement