Copio o estracto aquí:EncontrosOs encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa.