BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup VI

[GAL] Galiza Cup VI

Set priority
Show messages by
This Post:
00
98064.120 in reply to 98064.114
Date: 8/8/2009 5:22:02 PM
Overall Posts Rated:
33
Alexenko, estiven a ver o dos puntos para a Galiza Cup e dinme conta de que, aprate de por te rexistrar, se non entras non tes ningunha posibilidade de entrar nunca se outros non deixan un oco. digo isto para que se vexa a posibilidade de outorgar puntos tamén ós participantes da Cunca dos Labregos. así quedaría tamén coma unha especie de duas divisions e crearía un interese extra por entrar na grande. como o ves??

saúdos!! ^^

This Post:
00
98064.121 in reply to 98064.120
Date: 8/8/2009 6:28:47 PM
Overall Posts Rated:
486486
En principio, culpa miña por non poñelo, os finalistas da Cunca dos Labregos teñen praza asegurada para a seguinte edición da Galiza Cup. Iso xa é de sempre. O outro nunca nolo plantexamos xa que é unha competición que xurdiu xustamente para agradecer dalgunha forma a todos os equipos que se apuntaban a GC e por diversas causas non tiñan posibilidade de xogala. Aínda así o de este ano foi un caso excepcional e bastante raro. Aínda así veremos o que di o xefe.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
This Post:
00
98064.122 in reply to 98064.121
Date: 8/8/2009 6:30:38 PM
Overall Posts Rated:
33
a que te refires con "o de este ano foi un caso excepcional"??

This Post:
00
98064.123 in reply to 98064.120
Date: 8/8/2009 6:41:44 PM
Overall Posts Rated:
892892
Si e non...

Os dous finalistas da Cunca dos Labregos teñen praza asegurada na seguinte edición da Galiza Cup. Esta tempada non tivemos incorporados da Cunca porque non se disputou a tempada pasada, xa que Litur non tivo tempo para organizala (disque ten dúas boas razóns para non facelo).

Nembargantes os problemas de dar GCStats na Cunca dos Labregos son bastantes.

Hai que ter en conta que na Cunca participan equipos eliminados da Galiza Cup na primeira liguilla, e que terían opción de sumar GCStats dúas veces nunha tempada, o que sería inxusto para outros equipos.

Por outra banda, excluír ós equipos que caen da Galiza Cup faría que a Cunca (ou as GCStats da Cunca se só os excluímos de obter GCStats) fose cousa de poucos equipos. Non mirei como é a situación desta tempada, pero se mal non recordo na primeira liguilla só quedaron fóra 3 equipos, porque non se puido completar un grupo para que participasen, e dos enchufados na segunda liguilla creo que quedaron fóra tamén 3.

Non suporía demasiado traballo extra dar GCStats pola Cunca, pero se o facemos habería que quitar os puntos fixos pola inscripción da Galiza Cup e atopar outro baremo para a Cunca dos Labregos (senon teriamos de novo o problema de sumar por partida dobre).

A ver se se pasa por aquí SuperpapiLitur e nos dá a súa opinión... ;)

Last edited by Alexenko at 8/8/2009 6:42:33 PM

This Post:
00
98064.124 in reply to 98064.123
Date: 8/8/2009 6:55:04 PM
Overall Posts Rated:
33
e se facemos clasificacion con CLPoints??

o que se podería facer tamén é deixar a Galiza Cup e pasar ó formato Galiza League, aínda que habería que velo.

PD: hoxe síntome con ideas revolucionarias XDXDXD

This Post:
00
98064.125 in reply to 98064.122
Date: 8/8/2009 7:02:47 PM
Overall Posts Rated:
486486
a que te refires con "o de este ano foi un caso excepcional"??


Comentei iso xa que creo que é o primeiro ano que non pechamos o cupo de equipos participantes e para colmo non puidemos pechar o 7º grupo xa que faltou un equipo para facelo. Teremos que buscar algunha fórmula para que non se volva a repetir iso sobre todo faltando so un equipo para completar un grupo.

En cuanto ao relacionado cos puntos da Cunca, todo é cuestión de estudialo, pero evidentemente sempre sendo moi inferiores aos da GC. Como xa comentamos os finalistas teñen xa o seu premio (algo é algo). Por outra banda non é a nosa intención facer dúas divisións (salvo que o número de equipos inscritos aumente de forma considerabel algo impensabel polo de agora), nin nada semellante. Como dixen a Cunca tan so e un trofeo de agradecemento a todos aqueles que confían neste torneo e por diversas causas ou non poden xogalo ou quedan eliminados moi cedo (en condicións normais dos 32 equipos que xogarían a primeira fase quedarían eliminados 24 e queriamos da-la posibilidade de que, cando menos, a metade destes equipos tivesen algun outro aliciente).

De todos feitos grazas polo túa proposta. É algo que teremos en conta e que estudiaremos.

Un sentimiento, unos colores, una pasión: CHORIMA BASKET
This Post:
00
98064.126 in reply to 98064.124
Date: 8/8/2009 7:03:19 PM
Overall Posts Rated:
33
nada, non me fagades caso có da liga, esquecin que isto era para suplementar a Copa Nacional, non en plan Liga Privada ^^"

This Post:
00
98064.127 in reply to 98064.126
Date: 8/8/2009 7:26:54 PM
Overall Posts Rated:
892892
Mi madriña, no tempo que escribín eu unha mensaxe vós xa tiñades todo comentado... ;)

O de facelo como unha liga é imposíbel, sería matar directamente ós equipos que duren un pouco de máis en Copa.

This Post:
00
98064.128 in reply to 98064.127
Date: 8/8/2009 9:26:21 PM
Overall Posts Rated:
892892
VI GALIZA CUP - SEGUNDA LIGUILLA

1.- Grupo Torre de Hércules

2.- Litur - Chorima Basket (75749) - 326
19.- Cazador - St.Gallen Club (79691) - 65
14.- Onire - Corrichos (79103) - 173
11.- Oyagun - Ktulu (76884) - 160

Primeira Xornada

Chorima Basket 116 - 62 St.Gallen Club
Corrichos 123 - 92 Ktulu

Segunda Xornada

Chorima Basket 62 - 77 Corrichos
St.Gallen Club 0 - 25 Ktulu

Terceira Xornada

Ktulu - Chorima Basket
St.Gallen Club - Corrichos

Clasificación

1.- Corrichos ........................... 2 - 0 (+46)
2.- Chorima Basket .................... 1 - 1 (+39)
3.- Ktulu ................................. 1 - 1 (-6)
4.- St.Gallen Club ...................... 0 - 2 (-79) 1NP

2.- Grupo Muralla de Lugo

29.- Kelepol - Celtics de Coia (76267) - 298
38.- Millosevic - Os Millo Lakers (79349) - 37
35.- Giovanella - Irmandades da Fala NG (78047) - 165
28.- Cruiss - C.B Skalda (42876) - 128

Primeira Xornada

Celtics de Coia 25 - 0 Os Millo Lakers
Irmandades da Fala NG 119 - 68 C.B Skalda

Segunda Xornada

Celtics de Coia 105 - 125 Irmandades da Fala NG
Os Millo Lakers 76 - 90 C.B Skalda

Terceira Xornada

C.B Skalda - Celtics de Coia
Os Millo Lakers - Irmandades da Fala NG

Clasificación

1.- Irmandades da Fala NG .......... 2 - 0 (+71)
2.- Celtics de Coia .................... 1 - 1 (+5)
3.- C.B Skalda ......................... 1 - 1 (-37)
4.- Os Millo Lakers ..................... 0 - 2 (-39) 1NP

3.- Grupo Burgas de Ourense

1.- Alexenko - Universidad de Cambre (75746) - 259
4.- Sozap86 - Bergondo Sperm Whales (78493) - 149
20.- Ivanff - Forza Breo (77249) - 154
5.- Miki_zar - Chacaritas Team (76515) - 185

Primeira Xornada

Universidad de Cambre 112 - 57 Bergondo Sperm Whales
Forza Breo 87 - 101 Chacaritas Team

Segunda Xornada

Universidad de Cambre 83 - 61 Forza Breo
Bergondo Sperm Whales 101 - 87 Chacaritas Team

Terceira Xornada

Chacaritas Team - Universidad de Cambre
Bergondo Sperm Whales - Forza Breo

Clasificación

1.- Universidad de Cambre .......... 2 - 0 (+77)
2.- Chacaritas Team .................. 1 - 1 (+0)
3.- Bergondo Sperm Whales ........ 1 - 1 (-41)
4.- Forza Breo ......................... 0 - 2 (-36)

4.- Grupo Rías Baixas

7.- Sapoconcho - Cans de Palleiro (80236) - 176
15.- Mjorgan - Ganfurkel (76866) - 77
30.- LA-Souto - Galiza Celtics (76172) - 237
13.- Xosesinho - Tropa do Carallo (75504) - 107

Primeira Xornada

Cans de Palleiro 75 - 72 Ganfurkel
Galiza Celtics 80 - 98 Tropa do Carallo

Segunda Xornada

Cans de Palleiro 89 - 76 Galiza Celtics
Ganfurkel 57 - 39 Tropa do Carallo

Terceira Xornada

Tropa do Carallo - Cans de Palleiro
Ganfurkel - Galiza Celtics

Clasificación

1.- Cans de Palleiro ................... 2 - 0 (+16)
2.- Ganfurkel .......................... 1 - 1 (+15)
3.- Tropa do Carallo .................. 1 - 1 (+5)
4.- Galiza Celtics ...................... 0 - 2 (-36)

This Post:
00
98064.129 in reply to 98064.128
Date: 8/11/2009 5:12:46 AM
Overall Posts Rated:
3434
Ben, salvo hecatombe monumental,xa teño garantida a miña presenza por 3ª tempada consecutiva na Final Four.
A ver se agora non me teño q comer as miñas verbas XDDDD

This Post:
00
98064.130 in reply to 98064.129
Date: 8/11/2009 7:39:47 AM
Overall Posts Rated:
892892
Ben, salvo hecatombe monumental,xa teño garantida a miña presenza por 3ª tempada consecutiva na Final Four.
A ver se agora non me teño q comer as miñas verbasDDD

Jajajajaja... Ándate con ollo

Advertisement