BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup X

[GAL] Galiza Cup X

Set priority
Show messages by
From: Alexenko

This Post:
00
152410.131 in reply to 152410.130
Date: 9/27/2010 4:14:27 PM
Overall Posts Rated:
892892
Contade coa miña presencia para a mariscada. Que corra o albariño.

Contigo só se pode contar para comer e beber... Hai que roelo!

This Post:
00
152410.132 in reply to 152410.131
Date: 9/30/2010 12:17:14 PM
Overall Posts Rated:
464464
Menos de duas horas para o comezo da finalísima. 23,6 graos e 48% de humidade na cidade olívica. Ceo despexado aínda que con algunha que outra nube. 8.000 cervexas fresquiñas na cantina da cafetería. No palco un bo LK da casa, uns berberichiños e unha pulpeira do Carballiño disposto a encher o bandullo da gran cantidade de lacazás que veñen a festa.

Na bancada sabor agridoce, ilusión polo cuarto título aínda que algo de tristura xa que pode ser a despedida dalgún dos ilustres destas tempadas inesquecibles para Chacaritas.

Todo a punto. Esperando aos xogadores.

This Post:
00
152410.133 in reply to 152410.132
Date: 9/30/2010 12:34:30 PM
Overall Posts Rated:
276276
Boa sorte os dous !

This Post:
00
152410.134 in reply to 152410.133
Date: 9/30/2010 1:57:07 PM
Overall Posts Rated:
22
Faltan uns minutos para que comece a final, xa se empezan a notar a impaciencia dos siareiros.

As tacticas para o partido xa están plantexadas e so queda que comece o espectaculo. :D

From: kotxu
This Post:
00
152410.135 in reply to 152410.134
Date: 9/30/2010 6:43:40 PM
La Kinder del kotxudo
III.7
Overall Posts Rated:
217217
parabéns ós dous finalistas e si se cumplen as promesas non volveremos a ver a Chacaritas por aquí, XD,porque xa nos deixarás ó resto gañar algunha, que a este paso que vas non veremos saír a copa de vigo, noraboa que xa ten o seu traballo gañala tantas veces, disfruta dela.
E unha ronda para todos que paga miki.

This Post:
00
152410.136 in reply to 152410.135
Date: 10/1/2010 4:53:03 AM
Overall Posts Rated:
464464
Bo día a todos,

Dende a serenidade que da ser un tetracampión, moitas grazas polos parabéns. Foi un bonito partido vivido no chat polos dous adestradores e cunha visita do corricho de Onire. A final parecía sentenciada no último cuarto, pero uns minutos finais moi acertados dos Ourense Bulls fixeron que Dunklegeir dispuxese dun balón para forzar a prórroga ou gañar un partido, pero un roubo de balón a dous segundos setenciou o encontro.

Foi un partido raro no Coliseum xa que rematou coas bagoas de Fabio que polo de agora está negociando a volta ao seu país e todo un ídolo para os seareiros das travesas. O novo plantexamento económico-deportivo do clube para a vindeira tempada fai que teñamos que alixerar soldos e Fabio ante a grandiosa progresión de Carlos Gurrola sería un suplente de moito luxo polo que o clube ábrelle as portas para que poida seguir dando guerra nas canchas.

Eso si a ledicia pola IV GZ CUP é indudable, a xente sabe que Chacaritas xa é lenda na Galiza e que para igualar ese rexistro van ter que suar moito a camisola na cancha.

En canto o veto para a próxima edición o entendemos, xa que parece que é o único xeito de para a esta máquina de gañar, máis o clube quere comunicar que xa foi invitadoa varias competicións extraoficiais as cales renunciou por se dende a organización se reconsidera a postura.

E como dixo Kontxu a primeira a pago eu.

Por certo, eu digo de facer unha quedada de BB por compostela ceando no Santiso. Sería curioso...

This Post:
00
152410.137 in reply to 152410.136
Date: 10/1/2010 1:59:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Canta leria... A vindeira tempada amañarei canto poida para ser eu o que che bote á rúa...

From: kotxu

This Post:
00
152410.138 in reply to 152410.136
Date: 10/2/2010 11:00:28 AM
La Kinder del kotxudo
III.7
Overall Posts Rated:
217217
Por certo, eu digo de facer unha quedada de BB por compostela ceando no Santiso. Sería curioso...


1 voto

O meu problema e que traballando en hostelería teño un horario moi raro, pero vivo en santiago.Aínda que todo e cousa de falar.

From: Alexenko

This Post:
00
152410.139 in reply to 152410.138
Date: 10/2/2010 11:53:12 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu coma estudante da USC tampouco me vou negar...

This Post:
00
152410.140 in reply to 152410.139
Date: 10/3/2010 9:19:16 AM
Overall Posts Rated:
88
Pa vindeira que se valla olvidando xa que amin cadroume mal na liga pa enfrentarme a el

This Post:
00
152410.141 in reply to 152410.140
Date: 10/3/2010 3:22:10 PM
Overall Posts Rated:
892892
Iso, iso!!! Que se esqueza, xa vai tocando amañar algo, que tanta final na casa xa vai cheirando. A partires de agora xoga sempre fóra!