BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup X

[GAL] Galiza Cup X

Set priority
Show messages by
This Post:
00
152410.136 in reply to 152410.135
Date: 10/1/2010 4:53:03 AM
Overall Posts Rated:
464464
Bo día a todos,

Dende a serenidade que da ser un tetracampión, moitas grazas polos parabéns. Foi un bonito partido vivido no chat polos dous adestradores e cunha visita do corricho de Onire. A final parecía sentenciada no último cuarto, pero uns minutos finais moi acertados dos Ourense Bulls fixeron que Dunklegeir dispuxese dun balón para forzar a prórroga ou gañar un partido, pero un roubo de balón a dous segundos setenciou o encontro.

Foi un partido raro no Coliseum xa que rematou coas bagoas de Fabio que polo de agora está negociando a volta ao seu país e todo un ídolo para os seareiros das travesas. O novo plantexamento económico-deportivo do clube para a vindeira tempada fai que teñamos que alixerar soldos e Fabio ante a grandiosa progresión de Carlos Gurrola sería un suplente de moito luxo polo que o clube ábrelle as portas para que poida seguir dando guerra nas canchas.

Eso si a ledicia pola IV GZ CUP é indudable, a xente sabe que Chacaritas xa é lenda na Galiza e que para igualar ese rexistro van ter que suar moito a camisola na cancha.

En canto o veto para a próxima edición o entendemos, xa que parece que é o único xeito de para a esta máquina de gañar, máis o clube quere comunicar que xa foi invitadoa varias competicións extraoficiais as cales renunciou por se dende a organización se reconsidera a postura.

E como dixo Kontxu a primeira a pago eu.

Por certo, eu digo de facer unha quedada de BB por compostela ceando no Santiso. Sería curioso...

This Post:
00
152410.137 in reply to 152410.136
Date: 10/1/2010 1:59:49 PM
Overall Posts Rated:
892892
Canta leria... A vindeira tempada amañarei canto poida para ser eu o que che bote á rúa...

From: kotxu

This Post:
00
152410.138 in reply to 152410.136
Date: 10/2/2010 11:00:28 AM
La Kinder del kotxudo
III.7
Overall Posts Rated:
217217
Por certo, eu digo de facer unha quedada de BB por compostela ceando no Santiso. Sería curioso...


1 voto

O meu problema e que traballando en hostelería teño un horario moi raro, pero vivo en santiago.Aínda que todo e cousa de falar.

From: Alexenko

This Post:
00
152410.139 in reply to 152410.138
Date: 10/2/2010 11:53:12 AM
Overall Posts Rated:
892892
Eu coma estudante da USC tampouco me vou negar...

This Post:
00
152410.140 in reply to 152410.139
Date: 10/3/2010 9:19:16 AM
Overall Posts Rated:
88
Pa vindeira que se valla olvidando xa que amin cadroume mal na liga pa enfrentarme a el

This Post:
00
152410.141 in reply to 152410.140
Date: 10/3/2010 3:22:10 PM
Overall Posts Rated:
892892
Iso, iso!!! Que se esqueza, xa vai tocando amañar algo, que tanta final na casa xa vai cheirando. A partires de agora xoga sempre fóra!