Pois nada, a min tocarame loitar polo ascenso no terceiro partido. A ver como vai a forma dos xogadores para a semana, e a ver se lle podo pór un bo final a unha tempada fantástica. Dende logo, para levar dúas tempadas sen fichar nada, e adestrando a tres posicións, outra tempada máis en IV non sería ningún fracaso, máis agora que xa case rematei de ampliar o pavillón.
Sobre a final, eu aposto polo bo de Giova, que coido que xa lle vai tocando (se non gaña desta volta, propoño nomealo subcampión oficial de tódalas tempadas!).
Unha aperta.