O domingo 29 comeza a nova edición da copa. Como somos algúns menos que a temporada pasada a primeira fase redúcese a 6 partidos, e as eliminatorias seguen igual, con 16 clasificados para os oitavos de final.
Deixovos por aquí as normas e o formato e o copiarei tamén na primeira mensaxe para que o teñades accesible.
A mediados de semana farei o sorteo e porei os partidos de primeira xornada.
Sorte a todos!!
Normas
- Os partidos disputaranse os domingos ás 19:00 horas en campo neutral.
- Para xogar utilizaremos as pachangas para as que tedes que ter tokens suficientes.
- Cando saian os emparellamentos de cada xornada, o equipo situado a dereita terá que retar ao outro.
- O límite para retar e aceptar o reto será o sábado ás 23:59.
- Se non se fai o reto ou non se acepta, o equipo infractor será penalizado con -50 puntos na primeira fase, e coa descalificación dende os oitavos de final. Se agradece que me comuniquedes calquer tipo de incidencia deste tipo.
- Necesito que me digades a ID do partido despois de xogar, por privado ou no foro. Disto encargarase tamén o equipo que lanzou o reto do partido. O límite para facelo é o mércores ás 23:59.
Formato
Adaptación do BBM.
- A primeira fase constará de 6 enfrontamentos por sorteo en campo neutral. Primeiro sorteo puro, e dende o segundo partido, enfrontaranse entre eles, tamén por sorteo, os que leven o mesmo número de victorias (se é posible).
- Despois desa primeira fase, os dezaseis mellores enfrontaranse en eliminatorias, en campo neutral, entre o 1º e o 16º, 2º e 15º, etc.
Para desempatar se utilizará a diferencia de puntos, e se terá en conta as penalizacións por non retar ou aceptar o reto.
Estes serán os enfrontamentos das eliminatorias:
Partido 1: 1º-16º
Partido 2: 8º-9º
Partido 3: 6º-11º
Partido 4: 4º-13º
Partido 5: 3º-14º
Partido 6: 5º-12º
Partido 7: 7º-10º
Partido 8: 2º-15º
Last edited by Oyagun at 9/30/2024 5:38:12 PM