Historia da Galiza CupSe ben é certo que a andaina da Galiza Cup non é moi longa, non está de máis comezar xa a acumular os datos das edicións, e así teremos un fermoso recordo das primeiras edicións.
Primeira ediciónXa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup
(13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...
Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.
Campión --> Litur – Chorima Basket –
(75749)Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre –
(75746)Final -->
(3997474)
Segunda ediciónEsta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío,
(31544.1)Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.
Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. –
(75692)Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia –
(76267)Final -->
(6230309)I Cunca dos LabregosEn paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.
Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda -
(42876)Final -->
(6054980)Last edited by Alexenko at 9/13/2008 11:24:36 AM