BuzzerBeater Forums

BB España > [GAL] Galiza Cup VII

[GAL] Galiza Cup VII

Set priority
Show messages by
This Post:
00
113475.3 in reply to 113475.2
Date: 9/27/2009 1:02:30 AM
Overall Posts Rated:
892892
Final

Debido á duración do torneo, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiais, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De tódolos xeitos, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.

Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.

Calendario

Domingo 27 de setembro --> Apertura da Inscripción
Mércores 7 de outubro --> Peche da Inscripción
Venres 9 de outubro --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 15 de outubro --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 22 de outubro --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 29 de outubro --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 30 de outubro --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 5 de novembro --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 12 de novembro --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 19 de novembro --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 20 de novembro --> Sorteo da Final Four
Xoves 26 de novembro --> Semifinais

Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.

Encontros

Os encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis. O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.

Responsabilidades nos Retos

No caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:

Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes. Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.

Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.

Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter calquera problema para conectarse, ou simplemente se lle pasou. As cotas están marcadas así para ter un tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel se pode concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes un chisquiño máis polos vosos rivais!

Premio

Seguimos arrasando co agasallo, desta volta repetimos o premio da tempada pasada:

Pase VIP para o Fogar de Breogán (42300.1), que inclúe:

- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!

Polo de agora Onire por dúas veces e Litur, Pepe Beltrán, Matxone e Alexenko acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???

Benvidos a esta séptima Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, podes dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.

Benvidos!!!

Last edited by Alexenko at 9/27/2009 1:03:49 AM

This Post:
00
113475.4 in reply to 113475.3
Date: 9/27/2009 1:04:16 AM
Overall Posts Rated:
892892
Historia da Galiza Cup

Xa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).

Primeira edición

Xa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup (13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...

Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.

Campión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Final --> (3997474)


Segunda edición

Esta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío, (31544.1)

Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.

Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. – (75692)
Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia – (76267)
Final --> (6230309)

I Cunca dos Labregos

En paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda - (42876)
Final --> (6054980)


Terceira edición

Esta edición pasará case que de seguro á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío, (45869.1).

Campión --> Matxone - Juanito Caminante - (76841)
Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia - (76267)
Final --> (8249241)

II Cunca dos Labregos

De novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.

Campión --> Natx0 - Celta de Vigo - (77726)
Subcampión --> -noel- - Chikichikies - (76872)
Final --> (10363766)

This Post:
00
113475.5 in reply to 113475.4
Date: 9/27/2009 1:04:55 AM
Overall Posts Rated:
892892

Cuarta edición

Sen dúbida, a cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato, (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria (59976.1).

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team- (76515)
Final --> (10652380)

III Cunca dos Labregos

Seguindo a mesma liña que na segunda edición, de novo 16 equipos buscaron levarse o trofeo cara as súas vitrinas. De novo moita emoción entre aqueles equipos que non puideron seguir adiante na GC.

Campión --> Mjorgan - Garfunkel - (76866)
Subcampión --> jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (10648338)


Quinta edición

Edición que voltou ca tradición de facer trocos. Para non perder as boas costumes, introducimos unha pequena modificación no modo de facer os desempates, para facelos máis xustos. Á marxe diso, foi unha edición que transcorreu con bastante tranquilidade, e case que o máis salientábel foi que por primeira vez na Galiza Cup unha final repetiuse, e non foi outra que a que enfrentou ós dous organizadores. Salientar tamén a ausencia da Cunca esta tempada pola paternidade de Litur. Como non, dispoñemos do fío no noso arquivo para quen desexe consultalo (80077.1).

Campión --> Alexenko – Universidad de Cambre – (75746)
Subcampión --> Litur – Chorima Basket – (75749)
Final --> (13048991)


Sexta edición

Nova edición da Galiza Cup, desta volta xa sen trocos. Ó fin e ó cabo, os erros van levando a solucións, e o xa se vai acadando unha rutina moi tranquila para o torneo. Primeira edición na que se repite campeón, o primeiro en acadar o segundo trofeo. Por outra banda salientar a volta da Cunca de mans de Litur, que xa pasados os primeiros meses da súa paternidade, voltou a organizar un torneo que xa ten vida e historia propia. No noso arquivo persoal tamén gardamos a ligazón da sexta edición (98064.1)

Campión --> Onire - Corrichos - (79103)
Subcampión --> Giovanella - Irmandades da Fala NG - (78047)
Final --> (15470149)

IV Cunca dos Labregos

Tras un ano de ausencia, voltou a Cunca dos Labregos, repetindo o formato da III edición, e dicir, 16 equipos saidos de entre os que non puideron entrar na GC e os mellores conxuntos dos 18 eliminados da primeira fase. Está claro que con cada edición a Cunca toma mais prestixio xa que a emoción e a loita por levarse o título é cada vez mais encarnizada.

Campión --> Trapall - Entreleiras - (79266)
Subcampión --> Jpergom - Diplococo Team - (26057)
Final --> (15463325)

Last edited by Alexenko at 10/9/2009 8:18:58 PM

This Post:
00
113475.6 in reply to 113475.5
Date: 9/27/2009 1:06:11 AM
Overall Posts Rated:
892892
Clasificación Historica por Galiza Cup Stats

Chorima Basket 369
Celtics de Coia 329
Universidad de Cambre 319
Galiza Celtics 290
Corrichos 273
Irmandades da fala NG 250
Cans de Palleiro 236
Chacaritas Team 230
Ktulu 205
Forza Breo 198
Bergondo Sperm Whales 192
C.B. Skalda 183
Labazadas in Your Face S.A. 179
Raxo City 176
Maure Team 170
Lavacolla B.C 166
Ourense Bulls 164
Juanito Caminante 160
Touland Trail Blazers 157
Tropa do Carallo 150
CB Muradan 132
C.B. Sotonera 112
Gallegos Medievais 111
Jericho B.C 110
Viña Costeira 105
Diplococo Team 101
Garfunke 98
Los putos amos 94
Calvario Mavericks 93
C.B. Todoporelaro 92
Ferrol Destroyers 86
Escairón 83
CP3 82
Xubia basket 81
St. Gallen Club 81
Pontepedriña 73
Breogan 69
Dubert C.B. 68
Carracillo 64
Stas ke si 63
Chikichikies 58
Celta de Vigo 58
Os Millo Lakers 53
Korunha Basket 46
Rastapastovic 43
Serres C.B. 42
Barqueiro Showtimes C.B. 41
Lostrego Coiense BT 40
PioXII CB 36
Johnson's Five 31
CastelaoGZ 27
Los Mantas 27
Brozas C.B. 27
Berenguela 26
Mesoiro Basket 26
Celta Corcores 26
Cacique Tean 26
Chantada Octopus 24
Entreleiras 20
Mexilons da Ría 20
Axa Winterthur Treboada 20
Bacilo´s Team 20
Tucson C.B. 18
AnubiS 15
O´Nogal Basket Club 15
Pequeno lars 14
Burgas Basket 14
Xanita Basket 5
Orense Heat 5
Castreloswolf Changas 5
C.B. Vila de Meira 5
L.A. Chaikers 5
LeiteRíoBreogan 5
Leite Ron Breogan 5
Celta Vigo Urban 5
¡¡ Viva el Rey !! 5
C.B. Rabadense 5
Liberation 2
Markosevic 0
Roiko 0

Last edited by Alexenko at 10/9/2009 6:55:26 PM

This Post:
00
113475.7 in reply to 113475.6
Date: 9/27/2009 1:06:28 AM
Overall Posts Rated:
892892
Galiza Cup Stats

De seguido teredes unha lista ca cantidade de Galiza Cup Stats que se obteñen por cada acción!

Inscribirse ----------------------------------------------> 20
Enchufados que seguen na Copa -------------------> 15
Non Retar ----------------------------------------------> -10
Non Aceptar o Reto -----------------------------------> -10
Partido Gañado na 1ª Liguilla -------------------------> 3
Partido Perdido na 1ª Liguilla -------------------------> 2
Clasificarse Liguilla como 1º ---------------------------> 6
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 4
Partido Gañado na 2ª Liguilla -------------------------> 5
Partido Perdido na 2ª Liguilla -------------------------> 3
Clasificarse Liguilla como 2º ---------------------------> 10
Semifinalista da GC ------------------------------------> 25
Subcampión da GC ------------------------------------> 35
Campión da GC -----------------------------------------> 50

This Post:
00
113475.8 in reply to 113475.7
Date: 9/27/2009 1:45:11 AM
Overall Posts Rated:
15931593
Chego de festa e me atopo con este fio, pois eu me apunto a ver se por fin podo xogala de novo.

Juanito Caminante (76841)

This Post:
00
113475.9 in reply to 113475.8
Date: 9/27/2009 6:48:15 AM
Overall Posts Rated:
464464
Faltaría máis, aquí estamos pra participar neste pdezo de competición.

This Post:
00
113475.10 in reply to 113475.8
Date: 9/27/2009 11:27:30 AM
Overall Posts Rated:
892892
Vaia dous participantes... Un que chega borracho e outro que seguro que está de resaca... ;)

Benvidos!

From: sozap86
This Post:
00
113475.11 in reply to 113475.10
Date: 9/27/2009 12:59:29 PM
Overall Posts Rated:
276276
Veña outro mais que queda apuntado !!

This Post:
00
113475.12 in reply to 113475.11
Date: 9/27/2009 5:32:34 PM
Overall Posts Rated:
3434
Apuntome outra tempada mais,a ver se podo repetir os exitos das ultimas edicions :)

From: cruiss
This Post:
00
113475.13 in reply to 113475.12
Date: 9/28/2009 4:28:09 AM
Overall Posts Rated:
66
Xa é coma unha droga pra min, non podo faltar á GC, apuntádeme.

cruiss - C.B. Skalda(42876)

Advertisement