FinalDebido á ampliación do formato, a final ten que disputarse durante os PlayOff oficiáis, polo que a data pode oscilar. Isto quere dicir que os dous finalistas terían que acordar unha data para xogar a final, xa que se un queda de 5º e outro xógase os descenso, non sería un encontro xusto. De todalao xeitos, como último recurso, a final sempre se podería xogar no derradeiro amigábel da tempada, cando os PlayOff xa rematasen.
Por outra banda, se os dous finalistas queren poderíase xogar ao mellor de tres encontros. Terase que falar no momento e ver o que máis lle convén aos dous equipos implicados.
CalendarioDomingo 8 de marzo --> Apertura da Inscripción
Martes 24 de marzo --> Peche da Inscripción
Venres 27 de marzo --> Sorteo da 1ª Liguilla
Xoves 2 de abril --> Primeiro encontro da 1ª Liguilla
Xoves 9 de abril --> Segundo encontro da 1ª Liguilla
Xoves 16 de abril --> Terceiro encontro da 1ª Liguilla
Verner 17 de abril --> Sorteo da 2ª Liguilla
Xoves 23 de abril --> Primeiro encontro da 2ª Liguilla
Xoves 30 de abril --> Segundo encontro da 2ª Liguilla
Xoves 7 de maio --> Terceiro encontro da 2ª Liguilla
Venres 8 de maio --> Sorteo da Final Four
Xoves 14 de maio --> Semifináis
Como xa mencionei anteriormente, a final pode variar así que non a engado no calendario.
EncontrosOs encontros, como xa saberedes, xogaranse os xoves, nos amigábeis.
O equipo que figure como local será o encargado de retar, e o visitante deberá estar atento para aceptar o reto. O luns a mediodía a máis tardar, o reto terá que estar feito polo equipo local, e o martes ao mediodía deberá estar aceptado polo visitante. Se se incumplen as datas, se o equipo que está a agardar o solicita, o encontro lle será dado por gañado por 25 - 0 e poderá buscarse outro amigábel para non perder o adestramento. Tamén é posíbel que o que figura como visitante faga o reto, pero neste caso terá que facelo para xogar fóra da casa, no pavillón do equipo que figura como local.
Responsabilidades nos RetosNo caso de que o reto non se peche correctamente, aquí vos deixo a mellor forma de actuar:
Se o teu rival se retrasa á hora de facer o reto, o mellor que podes facer é retalo ti e mandarlle un BB-mail avisándoo de que tendes encontro, que acepte canto antes. Isto vai tanto para locais como para visitantes.
Se o problema persiste, é entón cando se recurre ao foro, ou aos organizadores, avisando do problema para que se tomen medidas.
Se o teu rival ten outro amigábel concertado, entón tes que avisar aos organizadores (polo foro ou BB-mail) canto antes do problema e agardar a súa resposta. Se a resposta dos organizadores tarda demasiado, bastará cun post no fío e xa poderás buscar outro amigábel para non perder o adestramento.
Agradecemos sempre que se deixe unha marxe de cortesía, xa que o rival puido ter calquera problema para conectarse, ou simplemente se lle pasou. As cotas están marcadas así para ter un tempo suficiente de reacción, pero realmente o amigábel se pode concertar ata a tarde do mércores, polo que o risco de perder o adestramento é pequeno. Sempre que se poida é de agradecer que agardedes un chisquiño máis polos vosos rivais!
PremioEsta tempada estamos que o tiramos. Por primeira vez temos premio, e que premio!!!
Pase VIP para o
Fogar de Breogán (42300.1), que inclúen:
- Reservado ó carón do lume
- Barra libre para toda a vida!
- Tapas gratis para toda a vida!
Polo de agora Litur, Pepe Beltrán, Matxone e Onire acadaron o seu oco na historia dos equipos galegos... Serás ti o seguinte???
Benvidos a esta quinta Galiza Cup. Sentídevos coma na casa e pasade un bo anaco con nós. Se alguén ten algunha dúbida, suxestión ou queixa, pode dicilo neste mesmo fío ou, se o prefire, por BB-mail a min.
Unha aperta a todos e grazas pola vosa participación.
Last edited by Alexenko at 4/17/2009 11:10:10 PM