BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > O Fogar de Breogán

O Fogar de Breogán

Set priority
Show messages by
This Post:
00
42300.33 in reply to 42300.32
Date: 8/19/2008 5:14:00 PM
Overall Posts Rated:
892892
Pois ao final o fichei, un pivot que me facía falla por 1.900.000 $ (a todo esto grazas os cartos da taquilla, que me ingresaron 5 minutos antes de que comezase o encontro, se non non me daban os cartos por outro que poxaba).

E a boa nova foi tamén que gañei en liga... Non está mal o comezo...

A mágoa foi a lesión dun xogador bastante importante para o meu plantel por dúas semaniñas... :S

Veña, quen toma algo!?

This Post:
00
42300.34 in reply to 42300.33
Date: 8/19/2008 5:18:28 PM
Overall Posts Rated:
22
Ponme unha Coca-cola, que non che bebo alcohol.

Parabéns pola victoria. Eu non podo dicir o mesmo, pois arrisquei e perdín. Eso sí, impresionante a igualdade na miña conferencia, todos cunha victoria e una derrota.

En canto ao pivot, son boas fichaxes se xogas exterior (coma supoño que é o teu caso), pra contrarrestar un pouco os ataques interiores e, sobre todo, polos rebotes. :d

This Post:
00
42300.35 in reply to 42300.34
Date: 8/19/2008 5:23:34 PM
Overall Posts Rated:
892892
O pivote que fichei é compeltiño... Bueno, vale... para min é un maquinón!!!

Ten todo o que quería... Cando o vin dixen: Pra min!!!

Con experiencia, resistencia, tiros libres, pases e penetración. Nas habilidades principáis ten dous excelentes e un prolífico, e practicamente sen tapóns.

E tamén fichei o outro día un reboteador puro, con pases e defensa interior pasable...

Xa fundín todos os cartos da venda do base.

Marchando un vasiño de leite que acabo de muguir!!!

This Post:
00
42300.36 in reply to 42300.35
Date: 8/19/2008 5:30:41 PM
Overall Posts Rated:
22
Digocho por que ao principio da pasada tempada, cando decidira entrenar pivots e ala-pivots, perdera algúns partidos contra equipos que xogaban interior, por que aínda que por fora metía moitas, apenas pillaba rebotes e case non fallaban tiros interiores.

Na final da liga, tocoume contra un deses equipos, que tiña un pivot de soldo astronómico (cobra agora 40000) e polo que acabo de ver, entrou na selección española (Enrique Mercader). O caso e que xa tiña os xogadores desas posicións con excelentes e robustos en defensa interior que conseguiron conter bastante a sua anotación interior.

En resumo, que xogando exterior, en divisións altas necesitanse dous puntais con boa defensa interior e rebotes :D

This Post:
00
42300.37 in reply to 42300.36
Date: 8/19/2008 5:52:19 PM
Overall Posts Rated:
892892
Home, a tempada pasada case sempre me zumbaban por dentro... Que foi o único que reforcei... Dous pivotes velliños, con experiencia e pases, e os outros que te dixen antes.

This Post:
00
42300.38 in reply to 42300.37
Date: 8/19/2008 6:03:21 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois a ver se desta polo menos chegas aos playoffs pra o ascenso. Por certo, ao final teu base estrela ten opcións pra entrar na selección?

Eu teño que intentar meter a o meu pivot andorrano na U-21. Cando acaben as eleccións (creo que esta noite) terei que enviarlle unha mensaxe ao seleccionador/scout correspondente a ver que se pode facer.

This Post:
00
42300.39 in reply to 42300.38
Date: 8/19/2008 6:16:23 PM
Overall Posts Rated:
892892
O meu segue aí... Non creo que haxa moitos xogadores con máis defensa exterior ca el, está a piques de chegar a 18, e para a semana xa empezará a levar pases, que inda o ten en pasable.

De todolos xeitos, é posible que entre na sub21, posto que ten 21 anos. Eu non teño presa, e cada vez o vexo máis lonxe de entrar na selección. Pero bueno, como o meu adestramento vai polo camiño que eles queren, vai ben a cousa...

This Post:
00
42300.40 in reply to 42300.39
Date: 8/19/2008 6:18:11 PM
Overall Posts Rated:
22
Pois a ver se entra, cando menos na U-21.

Bueno, creo que son horas de desconectarme, que maña teño unha larga xornada de estudio por diante.

Abur.

This Post:
00
42300.41 in reply to 42300.40
Date: 8/19/2008 6:21:19 PM
Overall Posts Rated:
892892
Xa somos dous...

Boa noite!

This Post:
00
42300.42 in reply to 42300.41
Date: 8/20/2008 12:05:39 AM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, boas novas!

Xa está aberta a inscripción para a III edición da Galiza Cup. Non deixedes pasar a oportunidade de pasar un bo anaco nos amigábeis. O fío --> (45869.1).

Veña, unha rolda gratis no Fogar para celebrar a Galiza Cup!

This Post:
00
42300.43 in reply to 42300.42
Date: 8/20/2008 12:20:47 PM
Overall Posts Rated:
11
A ver se m botades unha man, e non o pescozo, cada dia entendo menos o BB. Se mirades o meu partido do martes veredes k perdin de 13 puntos, xogando ambolos dous ekipos en relaxado. Non e unha derrota inesperada xa que o ano pasado xa perdin contra eles. Pero desta vez supereino en todo menos en rebote, el 2 subniveis mais ca min. E que as calis non serven para nada? Non pode ser que superando a miña def. exterior a sua anotacion exterior e a miña anotacion interior sendo regular contra una def interior inepto, perda o partido........e incribel. Estou que ardo.....


Advertisement