BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > LA Galego

LA Galego

Set priority
Show messages by
This Post:
00
88747.34 in reply to 88747.3
Date: 6/18/2010 9:34:51 AM
Overall Posts Rated:
00
ola

This Post:
00
88747.35 in reply to 88747.34
Date: 7/28/2010 9:46:06 PM
Overall Posts Rated:
892892
Bueno, supoño que algo xa notariades... Estiven traballando en corrixir os erros que había nas traducións do motor dos encontros, e creo que xa está practicamente todo ben. Fáltanme un par de tags dos que non estou totalmente seguro, do resto creo que máis ou menos debe ir ben.

Por favor, se notades calquera cousa estrana avisádeme, que sempre se poden escapar pequenos erros, algún punto que non está onde debe ou que poña ó defensor no lugar do atacante, ou o que sae no lugar do que entra nos trocos. Tamén sentídevos libres de facer calquera suxestión, ou de comentarme se algún tiro non aparece onde debe (por exemplo di tripla e non é ou bandexa a 4 metros). Calquera cousa que pareza fóra do seu lugar.

Tamén podedes comentar erros que haxa fóra do motor, ou suxestións, a ver se entre todos deixamos ó galego ben xeitoso no BB ;).

Unha aperta, a desfrutar co renovado motor en galego.

From: Onire

This Post:
00
88747.36 in reply to 88747.35
Date: 9/26/2010 2:56:14 AM
Corrichos
IV.46
Overall Posts Rated:
7979
Unha pequena errata:

26/09/10 - Muhammed Hanifi Odman, superestrela de El Puerto Dolphins, volverá ás chanchas esta semana tras recuperarse da súa lesión.

From: Alexenko

This Post:
00
88747.37 in reply to 88747.36
Date: 9/26/2010 11:02:07 AM
Overall Posts Rated:
892892
A ver se o atopo e o corrixo, grazas!

From: Alexenko

This Post:
00
88747.38 in reply to 88747.36
Date: 9/26/2010 11:06:58 AM
Overall Posts Rated:
892892
Debería estar arranxado xa, bótalle unha ollada cando poidas por favor!

From: Onire

This Post:
00
88747.39 in reply to 88747.38
Date: 9/27/2010 1:49:26 PM
Corrichos
IV.46
Overall Posts Rated:
7979
Solucionado

From: sozap86
This Post:
00
88747.40 in reply to 88747.39
Date: 1/26/2011 8:54:57 AM
Overall Posts Rated:
276276
que é o que se quere dicir cando pon
xxxxxx xxxxxx non pode mercar un cubo ! ??

nunca o vira ata onte e quedeime O_o xD



From: Foto

This Post:
00
88747.41 in reply to 88747.40
Date: 1/26/2011 10:42:57 AM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
32253225
Second Team:
Furabolos
Quere dicir que tira peor a canastra que Alexenko. Os nosos LAs teñen moita chispa

From: Alexenko

To: Foto
This Post:
00
88747.42 in reply to 88747.41
Date: 1/26/2011 12:22:06 PM
Overall Posts Rated:
892892
Ei, que no partido de hoxe fixen un abraiante 2-4 en TC. Iso é cousa de Litur, a min non me miredes...

From: RoiLD
This Post:
11
88747.43 in reply to 88747.42
Date: 4/16/2017 11:30:18 AM
Overall Posts Rated:
3333
Moi boas tardes a todos! Antes de nada preséntome: Chámome Roi e son mánager dun equipo que transita actualmente na III división. Fai uns meses son o voso LA de galego e antes de seguir pídovos disculpas polas posibles tardanzas (ou empanadas mentais...) que poida ter, e non dubidedes nin un segundo en recordarme ou correxirme calquera despiste.

Dito isto, gustaríame saber que equipos levados por galegos temos rulando pola nosa liga e se somos capaces de axudarnos entre nos coas nosas experiencias pois mellor! A min persoalmente gustaríame ter máis tempo para os foros pero as veces son consciente que os descoido un pouco, e sei que é un erro, porque son unha gran fonte de información pra medrar. O dito, a ver se nos animamos e lle damos un pouquiño de vida a este foro de axuda na nosa lingua!

Apaixóame todo BB, paréceme un xogo completísimo e non son capaz de entender que a xente se aburra disto cando ten tantas e tantas opcións. A min, sobre todo, o tema de adestramento é o que máis me interesa, encántame crear os meus propios xogadores e facer un equipo en torno a eles. Veña animádevos, que é o que máis vos motiva de BB?

Unha aperta!

From: Sozap

This Post:
11
88747.44 in reply to 88747.43
Date: 4/17/2017 12:41:34 PM
Overall Posts Rated:
1717
Boas Roi ! Son sozap e acabo de recomezar nesto do BB ; levei un equipo varios anos atrás e entroume de novo a motivación .
Tirando de estatisticas non creo que sexamos mais de 100 os galegos que transitamos por este mundillo , eu non participo case nunca nos foros pero intento ler o global inglés e o español.

A min si que chegou un momento no que o buzzer aburriume , non pola culpa do xogo que ten mil variantes , levaba varios anos e houbo un momento que dís agora ou nunca , foi nunca e nesa reconstrucción da equipa o fun deixando de lado pouco a pouco .

Volvín en Xaneiro e despois de ascender a IV os meus obxetivos para esta tempada eran chegar os 12000 asentos e a salvación , a verdade e que van bastante ben as dúas , penso que na tempada 40 poderia intentar o asalto a III , xa veremos ...

Noutro orden de cousas , equivoqueime vendendo xogadores barateiros xa que cumprin o de 6 xogadores nas ultimas 14 semanas , agora teño un xogador que quero vender pero so conseguiria o 66 % da venda ; algúen sabe mais/menos canto pode tardar en chegar a un 95 % aprox ?




Advertisement