Historia da Galiza CupXa imos acumulando bastantes edicións, e as primeiras edicións xa se ven con certa lonxanía, pero no noso arquivo non se perde nada ;).
Primeira ediciónXa case con nostalxia podemos ollar o primeiro fío da Galiza Cup
(13967.1). Mensaxe que por certo comeza cunha petición de desculpas porque daquela non se podía falar galego nos foros... Que cabreo collera...
![:P](/images/conf/emoticons/tongue.png)
Unha primeira edición que foi montada un pouco sobre a marcha, pero que ao final saíu bastante ben, a única pega que tivo é que quedou bastante xente fora... Unha mágoa. Afortunadamente agora xa comezamos co formato definido, e temos a experiencia destas edicións na organización, que nos axuda a evitar erros.
Campión --> Litur – Chorima Basket –
(75749)Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre –
(75746)Final -->
(3997474)
Segunda ediciónEsta segunda edición xa foi bastante máis doada dende a organización, primeiro pola experiencia adquirida na primeira edición, e segundo pola colaboración na organización que prestou Litur. Se ve que lle colleu apego á Galiza Cup que non se puido librar dela. Tamén temos no arquivo o enlace ao fío,
(31544.1)Edición que ampliou un chisco máis o formato, pero inda así insuficiente. Foi outro erro máis para o saco da experiencia. Tamén foi a edición na que se implantou o método dos enchufados.
Campión --> Pepe Beltrán - Jericho B.C. –
(75692)Subcampión --> Kelepol – Celtics de Coia –
(76267)Final -->
(6230309)I Cunca dos LabregosEn paralelo a segunda edición da Galiza Cup, naceu esta outra competición coa idea inicial de dar cabida a aqueles equipos que non tiveron sitio na GC. Nesta primiera participación formáronse dous grupos de catro equipos que loitaron por convertirse nos primeiros en levarse o trofeo.
Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> cruiss - C.B. Skalda -
(42876)Final -->
(6054980)
Terceira ediciónEsta edición pasará á historia da Galiza Cup por ser a edición dos comités. E é que foron moitos os encontros que deron problemas, e en cada un deles houbo unha investigación e unha resolución. Á marxe dos problemas no peche dalgúns encontros, hai que salientar que de novo nesta edición se ampliou o formato, ata un total de 40 equipos participantes, incluíndo os 8 enchufados. Tamen hai que salientar a colaboración impagábel de Litur. Como non, conservamos o enlace ao fío,
(45869.1).
Campión --> Matxone - Juanito Caminante -
(76841)Subcampión --> Kelepol - Celtics de Coia -
(76267)Final -->
(8249241)II Cunca dos LabregosDe novo se leva a cabo a Cunca dos Labregos, dando entrada, nesta ocasión, aos mellores equipos que quedaron fora da primeira fase da GC e aos equipos que non puideron entrar dos que todavía estaban xogando a Copa. A final por un despiste tivo que xogarse na temporada seguinte.
Campión --> Natx0 - Celta de Vigo -
(77726)Subcampión --> -noel- - Chikichikies -
(76872)Final -->
(10363766)
Cuarta ediciónA cuarta edición da Galiza Cup cheira a estabilidade. Por primeira vez non se tocou o formato (para algo que nos funciona ben!), nin houbo moito choio para o comité... Ains... Que tranquilidade. A Galiza Cup xa comeza a coller ese cariz familiar e fogareño que tanto nos gusta. Unha vez máis, Litur de "chapeaux". Tamén se podería salientar o primeiro intento de incorporar a Galiza Cup nunha "Supercopa de España" que ao final non se levou a cabo. Gardamos o enlace no arquivo, por se algún nostálxico quere repasar aqueles días de gloria
(59976.1).
Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> Miki_zar - Chacaritas Team-
(76515)Final -->
(10652380)