Hahahaha. Todo sexa por evitar iso. Ahí van as normas e o formato. O dos máximos anotadores iría en contra dunha das normas pero se o queredes se pode cambiar. O que si, máis estatísticas xa sería demasiado traballo.
Normas
- Os partidos disputaranse os domingos ás 19:00 horas en campo neutral.
- Para xogar utilizaremos as pachangas para as que tedes que ter tokens suficientes.
- Cando saian os emparellamentos de cada xornada, o equipo situado a dereita terá que retar ao da esquerda.
- O límite para retar e aceptar o reto será o sábado ás 23:59. Tentade non facer o reto a última hora.
- Se non se envía o reto ou non se acepta, o equipo infractor perderá o partido por 50-0 na primeira fase, e será descalificado dende os oitavos de final. Se agradece que me comuniquedes calquer tipo de incidencia deste tipo.
- Teredes que compartir o enlace do partido xa sexa neste fío do foro, ou por mensaxe privada a min.
-O equipo que tivo que retar terá que poñer o enlace ao partido, sendo o límite o martes ás 23:59. Se non se cumple, darase o partido por perdido por 50-0 a dito equipo.
Formato
Todo parecido co BBM e pura casualidade.
- A primeira fase constará de 8 enfrontamentos por sorteo en campo neutral. Primeiro sorteo puro, e dende o segundo partido, enfrontaranse entre eles, tamén por sorteo, os equipos que leven o mesmo número de victorias.
- Despois desa primeira fase, os dezaseis mellores enfrontaranse en eliminatorias, en campo neutral, entre o 1º e o 16º, 2º e 15º, etc.
Para desempatar utilizarase a diferencia de puntos, e terase en conta as penalizacións por non retar ou aceptar o reto.
Last edited by Oyagun at 6/26/2024 4:22:00 PM