ENQUISAVarias son as novidades que nos plantexamos para esta nova edición. Xa que contamos ca posa presenza no torneo, tamén queremos contar ca vosa opinión para tomar a decisión final.
Supercopas y Superligas
Como xa se falara na pasada edición, había varias propostas sobre a mesa para facer competicións a nivel estatal. Resumo brevemente as propostas:
- Supercopa de España
A idea consistía en coller aos gañadores dos principais torneos e enfrontalos ata obter un gañador, e que ese gañador se enfrontase ao gañador da Copa (oficial) para obter un gañador global.
- Superliga
Se cadra máis enrevesada, o formato consistía en que varios equipos (sen datos seguros) participasen nunha competición con formato de liga para obter un campeón, con PlayOffs, e ascensos e descensos para renovar os equipos.
Dende a organización consideramos que o mellor para nós e para a Galiza Cup é non participar neste tipo de competicións. Principalmente polo tema das datas, como sabedes co formato actual, e xogando a final da Galiza Cup na primeira xornada dos PlayOff, tan só restarían dúas semanas para levar a cabo estas competicións. Retrasar o inicio da Galiza Cup para participar nestes eventos significaría que moitos equipos quedarían fóra, e, sinceiramente, paréceme excesivo que teñan que pagar tantos equipos o prezo dun só billete para unha Supercopa.
Tamén hai que reseñar que os equipos que xogasen a Superliga non poderían participar na Galiza Cup pola incompatibilidade das datas, e que a Superliga non ofrece ningún tipo de garantía para os equipos clasificados que duren na Copa.
Desempate na Clasificación das Liguillas cos "Non Presentados"
Realmente cremos que o sistema funciona moi ben, o único "problema" que apareceu ata o de agora foi que a clasificación se pode facer inxusta cando hai equipos que non se presenta. A nosa proposta é a seguinte:
1.- Sen W.O. (Non presentados), a clasificación se seguirá facendo como ata o de agora.
2.- Cando hai W.O. (un ou máis), os criterios de desempate serían os seguintes:
- Número de vitorias
- Menos W.O.
- Criterio usual de desempate
- Se hai dous equipos empatados a vitorias e a W.O., entón se miraría o resultado particular do seu encontro (se o hai).
- Se hai dous equipos empatados a vitorias e a W.O., e non hai encontro particular, mirarase a diferencia de puntos global.
- Se hai máis de dous equipos empatados a vitorias e a W.O., entón mirarase a diferencia de puntos global.
- En caso de empate total, decidirase por sorteo o gañador.
Exemplo sinxelo:
1 vs 2 --> 25 - 0 (WO de 2)
3 vs 4 --> 100 - 90
1 vs 3 --> 50 - 100
2 vs 4 --> 130 - 80
1 v 4 -- 100 - 90
2 v 3 -- 25 - 0 (WO de 3)
Clasificación polo método vello
Equipo 2 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+50)
Equipo 3 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+35)
Equipo 1 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (-15)
Equipo 4 --- 0 vitorias --- 3 derrota --- (-70)
Co método vello, terían preferencia para pasar á seguinte rolda os dous equipos cun W.O. por diante do equipo que xogou todos os seus encontros.
Clasificación polo método novo
Equipo 1 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (-15)
Equipo 2 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+50) (1 WO)
Equipo 3 --- 2 vitorias --- 1 derrota --- (+35) (1 WO)
Equipo 4 --- 0 vitorias --- 3 derrota --- (-70)
Co novo método, o equipo que xogou cumpliu cos tres compromisos ten preferencia sobre os outros dous equipos que empatan a vitorias con el.
*Nota: O desempate entre os dous equipos cun W.O. faríase da seguinte maneira:
1.- Empate a vitorias
2.- Empate a W.O.
3.- Non hai encontro particular, polo tanto tense en conta a diferencia global
En principio este método deberiámolo implantar para esta edición para evitar problemas que xa tivemos no pasado, tan só é para verificar que a medida ten aceptación.