Novena ediciónSen dúbida a edición con menos problemas para a organización. Tan só un encontro o que non se disputou do total dos encontros da Galiza Cup, cortesía de Giovanella (a ovella negra da GC
). Un record que sen dúbida tentaremos superar, e conseguir unha edición na que se xoguen tódolos encontros. Tamén destacábel un pequeno troco no formato, que afecta ó factor campo na Final Four. No apartado deportivo salientar un nome propio: Miki_zar. O bo de Miki non só se convertiu no encargado de ollar que os retos se cumplan, se non que se convertiu no primeiro equipo en gañar tres edicións da Galiza Cup, ademais de xeito consecutivo. De novo gardamos na nosa memoria o fío da edición
(139413.1).
Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team -
(76515)Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre –
(75746)Final -->
(22975496)
Décima ediciónDécima edición da Galiza Cup, na que tivemos un completo repado de case tódolos clásicos que acompañan a nosa competición. Dende o xa habitual pequeno troco nas regras, que desta volta foi un simple apunte nas regras de desempate, até un novo campionato para Chacaritas Team, pasando polas típicas investigacións nos encontros non pechados. Máis alá diso, unha décima edición que de novo gañou Miki_zar, que a este paso terá que ampliar o seu pavillón, ou máis ben a sala de trofeos. Para non perder nada, engadimos á nosa libraría persoal o vencello cara o fío desa edición
(152410.1)Campión --> Miki_zar - Chacaritas Team -
(76515)Subcampión --> DunklerGeier – Ourense Bulls –
(76363)Final -->
(26087904)
Undécima ediciónEdición salientábel por dúas cousas e media. A primeira e que agás a apertura do torneo, toda a organización correu a cargo de Litur e Miki_zar, e como non podía ser doutro modo, todo saiu a pedir de boca. A segunda novidade é que non gañou Chacaritas o seu quinto torneo consecutivo, que xa ía sendo hora de que o botasemos de aí. A outra media novidade é que a falta de que o gañase o máis abusón, o gañou o segundo máis abusón, e así Onire acadou a súa terceira Galiza Cup. E como xa non pode ser doutro xeito, gardamos tamén o vencello da edición no noso arquivo:
(160490.1)Campión --> Onire - Corrichos -
(79103)Subcampión --> Alexenko – Universidad de Cambre –
(75746)Final -->
(29177118)
Duodécima ediciónPoucas novidades na decimosegunda edición. Desta volta a organización foi compartida entre os tres de sempre, na primeira rolda o peso recaeu sobre Miki_zar e Litur, namentres que nas fases máis avanzadas Alexenko retomou a organización. Por outra banda a Galiza Cup tampouco acabou nas vitrinas de Chacaritas nin Onire, así que ningún dos abusóns oficiais da competición engrosou o seu palmarés. O que si se estreou foi Bergondo Sperm Whales, que xa está dentro do selecto grupo de gañadores dunha Galiza Cup. No arquivo gardamos tamén, como cada tempada, o vencello da XII edición da Galiza Cup
(173248.1)Campión --> Sozap86 - Bergondo Sperm Whales -
(78493)Subcampión --> Sapoconcho – Cans de Palleiro –
(80236)Final -->
(32837614)Last edited by Alexenko at 5/23/2011 5:55:31 PM