BuzzerBeater Forums

Axuda - Galego > [FAQ] Preguntas Comúns

[FAQ] Preguntas Comúns (thread closed)

Set priority
Show messages by
From: Foto
This Post:
00
81779.6 in reply to 81779.5
Date: 3/18/2009 6:48:50 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
Significado das Abreviaturas das Estatísticas
MIN = Minutos en Cancha
TC = Tiros de Campo (Suma dos tiros de 2 e 3 puntos)
T3 = Tiros de Campo de 3 Puntos
TL = Tiros Libres
RO = Rebotes Ofensivos
RT = Rebotes Totais (Defensivos + Ofensivos)
ASI = Asistencias
BP = Balóns Perdidos
BR = Balóns Recuperados
TAP = Tapóns
FP = Faltas Persoais
PTS = Puntos
Calif. = Valoración individual dun xogador en determinado partido

¿Que son os partidos TV, C e AM?
Os partidos de TV teñen máis impacto sobre os teus seareiros que os partidos normais. Do resultado do partido depende a afluencia ao teu pavillón nos seguintes partidos que xogues de local
AM significa Amigable
C partido de copa

¿Os partidos amigables dan algo de cartos?
Non, non hai ningún tipo de ingreso. Por outra banda, tampouco teñen gastos, mesmo os desprazamentos se xogas no estranxeiro son gratis

¿O meu partido non empeza, non me deixa velo en vivo, posible bug?
Pode que nese momento o servidor teña un problema pero normalmente soe
solucionarse rápido.

¿No partido teño un xogador en vermello, por que?
Sufriu un golpe, non poderá xogar no que resta de partido, logo pode ser unha lesión de varias semanas ou quedar nun susto. (Os doutores con especialidade vendaxe funcional deportivo poden facer que un xogador en vermello se reincorpore normalmente ao partido ao rematar un cuarto). Compre indicar que cando un xogador se lesiona, non sempre aparece en vemello.

Non entendo o sistema de cambios, ¿como funciona?
Aquí atoparás información sobre o tema: (5882.1)

Estou a facer a aliñación do meu partido de playoff e non me deixa poñer xogar relaxados, ¿por que?
Durante os playoffs non se pode xogar relaxado. Os efectos das outras opcións cambian. Xogar normal sobe o entusiasmo (ten o mesmo efecto que xogar relaxado durante a liga regular), e xogar decisivo déixao igual (ten o mesmo efecto que xogar normal durante a liga regular). O comportamento do entusiasmo durante a semana ten o mesmo efecto que o resto das semanas, é dicir, tenderá a baixar ou subir 5.


Last edited by Foto at 3/19/2009 4:19:05 PM

From: Foto
This Post:
00
81779.7 in reply to 81779.6
Date: 3/18/2009 6:50:14 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
LIGA

¿Como funciona o sistema de liga?
A túa liga divídese en dúas conferencias de 8 equipos. Xogarás 2 partidos contra os rivais da túa conferencia e 1 contra os da outra conferencia. En total 22 partidos. Os 4 primeiros clasifícanse para o playoff, o 5º sálvase, o 6º e o 7º xogarán playoff polo descenso e o 8º descende directamente

¿Como é o playoff de ascenso?
En cada conferencia clasifícanse os catro primeiros. O 1º xoga contra o 4º da súa propia conferencia e o 2º contra o 3º a partido único. Os gañadores desta eliminatoria xogan entre si tamén a partido único. Logo os campións de cada conferencia enfróntanse entre si ao mellor de 3 partidos. Sempre ten factor cancha quen remate a tempada regular con maior número de vitorias.

¿E o playoff de descenso?
O 6º de cada conferencia enfróntase con factor campo a favor contra o 7º da outra ao mellor de 3 partidos. O perdedor descende de categoría.

Gañei o meu partido de playoff e na clasificación pon que gañou o outro. ¿Onde podo reclamar?
Non é necesario. É un bug bastante coñecido. En canto se actualicen os partidos, aparecerá como gañador o equipo correcto.

¿E que pasa co 5º durante as dúas semanas que dura o playoff?
Durante esas dúas semanas só poderá xogar dous amigábeis semanais sen máis ingreso que o que teña por merchandising e contrato de TV, así que coidado coa economía, que os soldos se pagan igual.

¿Cales son os criterios de desempate a igual número de vitorias?
Será primeiro o que teña o mellor básquet average xeral. Se persiste o empate, o que máis puntos anotara.

¿Hai premios por ascender?
Os equipos que ascendan por ser campións dos playoffs recibirán un premio en metálico e un bo aumento de aboados, os que ascenden por desbotificación reciben os cartos, pero menos aboados:
* Ascenso a DIV I: $ 1 000 000
* Ascenso a DIV II: $ 500 000
* Ascenso a DIV III: $ 300 000
* Ascenso a DIV IV: $ 200 000
* Ascenso a DIV V: $ 150 000
* A outras divisións inferiores: $ 150 000

From: Foto
This Post:
00
81779.8 in reply to 81779.7
Date: 3/18/2009 6:51:15 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
ECONOMÍA

¿Por que antes tiña 50k por semana e agora non?
As primeiras 4 semanas axúdanche para empezar con 50 k semanais, así non se che fai tan difícil principiar o xogo, pero é un ingreso temporal.

¿Por que en liga xoguei de local e non recibín diñeiro?
Porque aquí é ao revés, en vez de Local-Visitante, o equipo en primeiro lugar é o visitante.

En amigábeis xoguei tanto de local coma de visitante e nunca recibín
diñeiro, ¿por que?

Porque nos amigábeis non hai ingresos, sería como un adestramento a
porta pechada.

Xoguei un partido de copa e non me deron nada de taquilla
Os partidos de copa non teñen ingresos por taquilla. Nas regras aparecen os ingresos que recibe cada equipo dependendo da rolda de copa na que se atope: (/BBWeb/rules.aspx?nav=Tournament). Só se reciben cartos en caso de pasar de rolda, se caes eliminado non levas nadiña.

Tiven partido de televisión e non me ingresaron o diñeiro. ¿Que pasou?
A partir da tempada 6, todos os equipos recibirán un fixo por televisión de 35.000 € semanais, en vez das cantidades que se recibían antes por partido televisado.


Last edited by Foto at 3/18/2009 6:53:17 PM

From: Foto
This Post:
00
81779.9 in reply to 81779.8
Date: 3/18/2009 6:53:52 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
ALLSTAR

¿Cando é o allstar?
O partido ten lugar a metade de tempada. No calendario busca un martes no que non hai partido. O allstar xógase o mércores desa semana.

¿Como se fai a selección do allstar e do pavillón onde se xoga?
Ambas as dúas eleccións son automáticas. Os xogadores mediante unha combinación de actuacións e valoración que non son demasiado claras e o pavillón parece elixirse de forma aleatoria.

¿Cantos partidos se xogan a semana do allstar?
Se estás fóra da copa, terás o partido de liga do sábado e o amigable normal do xoves. O martes descansas. Pode ser unha boa semana para adestrar tiros libres ou resistencia. Se segues na copa, terás o partido de liga do sábado e partido de copa o martes. Se superas rolda, haberá outro partido de copa o xoves, se caes eliminado terás ata o mércores para concertar un amigable.

Se un xogador meu é seleccionado para o allstar, ¿os minutos que xogue contan para o adestramento semanal?
Non, eses minutos non contan.

Un xogador meu está lesionado e foi seleccionado. ¿Xogará?
Si, recuperarase milagrosamente para xogar e logo volverá á súa lesión anterior. Hai que dicir ademais que durante o allstar non se lesionan xogadores

¿Que te seleccionen xogadores ou elixan o teu pavillón ten algún beneficio económico? ¿E gañar o concurso de triplos ou o MVP?
De momento non hai ningún beneficio económico. Só o orgullo persoal ou o pique deportivo contra os equipos da outra conferencia.

¿Como funciona o concurso de triplas?
Por suposto van estar os mellores en triplas da liga, onde haberá unha rolda de clasificación que estará formada por 6 xogadores e onde pasarán os 2 mellores á rolda final.
Cada xogador ten 25 tiros, en grupos de 5; cada quinto tiro (balón azul)
vale 2 puntos, mentres os demais tiros (balóns laranxas) valen 1 punto.
Un balón gris significa que o lanzamento foi errado.
En caso de empate, pasará de rolda o xogador que anotara máis triplas na liga ata ese momento.

From: Foto
This Post:
00
81779.10 in reply to 81779.9
Date: 3/18/2009 6:54:57 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
DRAFT

¿Como funciona o draft?
Ao final da tempada aparecen 48 novos xogadores. Cada equipo elixirá 3. A orde depende da posición ao final da liga regular. O equipo con menos vitorias elixe primeiro e o que consiga máis, escolle último.

¿Para que serven os scouts? Levo pagando varias semanas e non me dan ningunha información.
A información dos scouts só poderás vela ao final da tempada. O que invistas cada semana influirá na cantidade e a calidade da información que recibas.

¿Cando saen exactamente os xogadores para ordealos?
Poderás velos despois do último partido da tempada regular

Os xogadores xa saíron. ¿Que teño que facer agora?
Unha vez están dispoñibles os xogadores, debes ordenalos segundo as túas preferencias e a información que che deran os scouts. Tes de tempo ate que acaben os playoffs. Podes cambiala as veces que queiras

Non entendo a información que me dan. ¿Que significan as letras e os balóns?
Os datos que podes ver divídense en tres categorías. As letras refírense á calidade actual do xogador. Un xogador coa letra A será mellor que un coa letra B, os peores son os da letra F. Os balóns refírense ao potencial do xogador, sendo 1 un potencial moi baixo e 5 un moi alto. Tede en conta que un xogador pode ser moi bo pero ter un potencial moi baixo ou ser moi malo e ter un potencial moi alto. Ás veces este tipo de xogadores poden levar a engano.
Nalgúns casos tamén poderás ver a actuación do xogador nun partido. Iso pódeche dar pistas sobre qué habilidades ten máis altas.

¿Cando chegarán os xogadores que elixín ao meu equipo?
O luns ou o martes seguinte ao final dos playoffs

From: Foto
This Post:
00
81779.11 in reply to 81779.10
Date: 3/18/2009 6:55:59 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
CALENDARIO TEMPADA 8

Durante a tempada regular xogaranse dous partidos de liga á semana, un os sábados e outro os martes. Os xoves quedan para a copa e partidos amigábeis que se deberán concertar manualmente unha vez eliminados. As datas especiais e o calendario dos playoffs son as seguintes:

14 de Abril Martes
Partido extra de copa*

15 de Abril Mércores
Día do allstar. Partido e concurso de triplas

18 de Maio Luns
Sae a información dos xogadores do draft para ordenar as listas segundo os datos que dean os scouts.

19 de Maio Martes
Semifinal de Conferencia (a un partido)
Primeiro partido playoff de descenso.
Equipos que remataran en 5º posto sen partido

21 de Maio Xoves
Amigable normal para todos.
Final de Copa

23 de Maio Sábado
Final de Conferencia (a un partido)
Segundo partido playoff de descenso
Eliminados e 5º s terán un amigable concertado automaticamente

26 de Maio Martes
Primeiro partido final de playoffs
Terceiro partido playofff de descenso (se é necesario)
Eliminados e 5º s sen partido

28 de Maio Xoves
Amigable normal para todos

30 de Maio Sábado
Segundo partido final de playoffs
Resto de equipos amigable concertado automaticamente

31 de Maio Domingo
Terceiro partido final de playoffs (se é necesario)

1 de Xuño Luns
Reseteo de forma a pasable e de entusiasmo a 5. Aniversario dos xogadores e actualización de soldos**
Chegada dos xogadores do draft aos equipos**

4 de Xuño Xoves
Amigable normal

5 de Xuño Venres
Último adestramento da tempada. A forma de todos os xogadores quedará en pasable.

6 de Xuño Sábado
Primeiro partido da tempada 9


*Esta semana non hai partido de liga o martes. Os equipos que gañen a eliminatoria de copa terán outra o xoves, os eliminados poderán concertar un amigable normal para ese día.

**Esta data pode variar un ou dous días, dependendo do rápido que se fagan as actualizacións

From: Foto
This Post:
00
81779.12 in reply to 81779.11
Date: 3/18/2009 6:57:18 PM
Totwart
ACBB
Overall Posts Rated:
31533153
Second Team:
Furabolos
OPCIÓNS DE SUPPORTER

¿Os partidos de liga privada contan para o adestramento?
Non, só serven para probar cousas novas ou simplemente polo gusto de competir contra outros equipos e ter un partido máis á semana.

¿Pódense lesionar xogadores nos partidos de liga privada?
Pódense lesionar durante o partido, pero unha vez remate non estarán lesionados.

Un xogador lesionado, ¿pode participar nos partidos de liga privada?
Non se está lesionado antes do partido, non poderá xogar.

Se ascendo un xogador ao Salón da Fama, ¿pode seguir xogando?
Si, os xogadores ascendidos poden seguir en activo e xogar sen problema.


Last edited by Foto at 3/19/2009 4:18:26 PM