aínda que o pavillón non sexa dos grandes, a partir da tempada que vén xa non te terás que preocupar por iso. supoño que o que agora gañamos no contrato será o que comezará a perder a xente que tén estadios de fútbol en lugar de pavillóns. eu estimo que non se poderán encher os pavillóns de 20.000 persoas ou máis, xa que senón a cousa perde realismo (home, se regalas entradas fixo que o enches, pero non creo que sexamos tan xenerosos).
se fose ti, eu ampliaría ata os 15.000 espectadores e o deixaba ata que se confirmase que caben máis
respecto ás fichaxes, está claro que tampouco dá para mercar a Kobi Braiant só con 70k máis, pero algo sempre axuda, polo menos a ter as contas limpas (non sabes como agradecería o Celta poder dicir iso ^^")