Acabase de realizar o sorteo do GZ CUP na sede do clube Chacaritas nas Travesas de Vigo. Utilizouse o medio científico irrefutable dos papeliños, 4 papeliños cos nomes dos equipos, xogando na casa o primeiro sacado enfrontandose co segundo e repetindo método co terceiro e cuarto. E tras tan laboriosa acción o resultado foi o seguinte:
Cans de Palleiro (local)- Corrichos (visitante) Semifinal 1
Universidade de Cambre (local)- Ourense Bulls (visitante) Semifinal 2
A orde pode ser cambiada pola norma de enfrontamentos en fase final da GZ CUP que se rixe dende fai uns aniños polo método Copa Davis, polo que se algún de estes enfrontamentos deuse en fase final de este mesmo xeito, a orde de campo variará.
Sen máis desexar sorte a estes 4 equipos que seguro nos deixaran unha apoixante competición.