Boas!
Non era a miña intención montar este rebumbio!! Alexenco, non tes que ser ti o que me deixes a tua plaza. A nosa condición de illeiros, secularmente afastados e esquecidos polas institucións, fíxome saltar onte a noite ao non verme por vez primeira na 2ª ronda, pero non che vou coller a tua plaza. Se Bandulhos xa colleu a miña plaza ao concertar xa o partido non pasa nada. Alguén que leva de sobrenome o do máis grande goleador que xogou na nosa terra, merece todos os meus respetos e que xogue no meu posto.
Quen non organiza non se confunde, asi que ainda por riba que tes que levar todo isto non vas quedar sen a tua plaza gañada legalmente. Moitas grazas polo ofrecemento, pero non son quen de ocupar o posto dun dos favoritos, asi que concerta o amigable canto antes.